Bio

Foto: Yoshimura Eye

 

Dios Ke Te Crew nace en Ordes (A Coruña) no ano 2003, froito da unión de compoñentes de dous coñecidos grupos de rap en Galicia, 5Talegos e Ghamberros. Despois de realizar multitude de actuacións, no 2006 sae á luz o primeiro LP do grupo, “Xénese”, considerado un dos traballos máis influentes da escena musical galega e pedra angular do hip hop feito en galego.

 

No 2009, cunha sólida experiencia gañada en importantes festivais, nos que compartiron escenario con auténticos referentes do xénero como Saian Suppa Crew, The Beatnuts ou Foreign Beggars, entre moitos outros, e nada máis regresar de realizar dúas actuacións inesquecibles en La Habana, Cuba, publican o maxi “Chove”, formado por 2 temas inéditos e un vídeo do seu potente directo.  

Dous anos despois, no 2011, fichan por Boa Music, sen dúbida o selo máis importante de hip hop en España, e lanzan o seu esperado segundo longa duración baixo o título de “Humanose”, álbum que consigue unha acollida espectacular e unha importante expansión por todo o territorio español. 

 

No 2013, son seleccionados por Girando por SalasArtistas en Ruta e lanzan o EP “Dez”, tras unha xira por todo o Estado e coincidindo co seu décimo aniversario como formación musical.  En 2014, gañan o premio ao Mellor grupo de Hip Hop e Músicas Urbanas na primeira edición dos Premios Martín Códax da Música Galega.

 

A súa música está presente en gran número de recompilatorios e traballos audiovisuais, e nos últimos anos varios dos seus membros editaron importantes traballos individuais como “Chuvia Ácida”, LP en solitario de Sokram e producido por Mou, co que volven conseguir o premio ao Mellor grupo de Hip Hop e Músicas Urbanas nos Premios Martín Códax da Música Galega 2015.

 

En abril do 2019 publican este terceiro e esperadísimo longa duración: “O Ciclo da Serpe”, precedido de dous adiantos en forma de videoclips cunha coidada factura cinematográfica, “Silencio” e “Melancolía”, ambos singles que forman parte do disco. Neste momento atópanse inmersos na gravación de varios novos clips de “O Ciclo da Serpe” e na intensa xira de presentación que continuará dando moita guerra no 2020. 

 

 

CUNDE

Producción & Management

 

Foto: Yoshimura Eye