XIRA "TREMENDOS ANOS 20"

🔥⚡Amantes dos bos Pogos⚡ 🔥
Este vai ser un ano de celebración contínua!! Cumprimos os nosos 'TREMENDOS ANOS 20' e imos a festexalo como se merece. 🥳🥳Velaquí as dúas primeiras cerimonias de aniversario en Marzo nas tan ilustres cidades de Vigo e A Coruña. Serán as dúas únicas datas en salas antes do verán.
Entradas xa á venda %uD83D%uDC47
Pronto máis noticias de todo o que se ven!! 🥳🤩🔥🔥🔥🔥

 

03 / 03 / 2023 >> SALA MASTER CLUB >> VIGO >>  MERCAR ENTRADAS

 

18 / 03 / 2023 >> SALA PLAYA CLUB >> A CORUÑA >> MERCAR ENTRADAS

 

 

 

+ DATAS POR ANUNCIAR

 


MØU PUBLICA O SEU NOVO EP: `HEDRA´

Despois do último traballo da banda (En que anos estamos?!, 2022), este 5 de decembro chegou o novo de MØU, produtor e MC do colectivo. Hedra é a súa terceira referencia en solitario, un EP composto de 6 tracks nos que se destila a esencia e o eclecticismo dos discos de produtor de hip hop de finais dos 90, cargado dunha marcada atmosfera intimista que simboliza a adaptación ao medio, a capacidade de mimetismo en harmonía coa contorna, o espazo e o tempo. 

 

En Hedra a música instrumental cobra protagonismo, á vez que se fusiona en perfecta simbiose coas colaboracións vocais. Neste traballo podemos atopar as importantes achegas de High Paw (“Fume”), Saibran Yi Yi de Boyanka Kostova (“O sonho”), ou Sokram (“Saudando a saudade”) e Jamas de Dios Ke Te Crew (“A calma”). O EP abre, ademais, coa delicada colaboración do saxofonista Miguel González (Susana Seivane, Qando Vand…) e a do mítico Dj Murdock nos pratos. 

 

No apartado visual, Hedra conta coas fotos de Pixi Cas e co referente internacional do GIF art A. L. Crego, encargado de animar a portada do traballo e convertela no hipnótico pano de fondo desta cinematográfica viaxe sonora.


27/05 - PRESENTACIÓN NOVO EP: "EN QUE ANO ESTAMOS?!" 

⚡️⚡️ Parroquia!! Vémonos en nadaaa!! ⚡️⚡️

 

VENRES 27/05 - Sala Capitol - SANTIAGO DE COMPOSTELA

Presentación do NOVO EP: "En que ano estamos?!"

 

🎟➡️ Entradas Online:

https://www.enterticket.es/eventos/presentacion-dios-ke-te-crew-na-sala-capitol-294659

 

Entradas físicas / Ptos de venda:

SANTIAGO: Libraría Pedreira / A Reixa Tenda / A Nave de Vidán / CulturaUrbana

ORDES: Bar Orellas Rock & Folk / Papeleria Tango Ordes

A CORUÑA: Rockbox Overdrive Shop

LUGO: @Don Disco

VIGO: BAR PRINCESA

 

ESCOITAR NOVO EP :

Youtube

Spotify

 

Apertura de portas: 21:00 h. / Concerto: 22:00 h. (Puntuais cal reloxos suizos)



"EN QUE ANO ESTAMOS?!" / NOVO EP!! Escoitao aquí >>


AFTER MOVIE: PRESENTACIÓN "EN QUE ANO ESTAMOS?!"


"HATERS" / NOVO VIDEOCLIP!! Ver video aquí >>


VOLTAMOS AOS ESCENARIOS!!  27 / 05 / 2022 / COMPOSTELA!

27 / 05 / 2022 >> SALA CAPITOL >> SANTIAGO DE COMPOSTELA

Presentación do novo traballo discográfico.


"AZÍDO ÚRIKO" / NOVO VIDEO Feat. Boyanka Kostova !! Ver video aquí >>


"OG" / NOVO VIDEO Feat. Boyanka Kostova !! Ver video aquí >>


"OG" / NOVO VIDEO Feat. Boyanka Kostova !! Ver Teaser aquí >>

ESTREO: 20/07/2021


ESTREAMOS TENDA ONLINE!! Ver aquí >>


NOVO VIDEO "Reinicio"


NOVO DISCO

"O CICLO DA SERPE" é o novo traballo de longa duración de Dios Ke Te Crew. 16 cortes coas colabos de Hermano L, Alto Asalto, Croma ou Miguel de LIra, entre outros.  Podes escoitalo en tódalas plataformas ou mercar a edición física online ou no teu punto de venda máis cercano.

VIDEO "Melancolía"

"MELANCOLÍA" é o novo videoclip da banda, dirixido por Xaime MIranda. Unha peza audiovisual que nos sitúa nun contexto apocalíptico que ben podería suceder en calquera momento. Podes velo aquí ou na canle de youtube do grupo.



SOCIAL MEDIA