2022 I EP I DKTC SONS
Despois do último traballo da banda (En que anos estamos?!, 2022), este 5 de decembro chegou o novo de MØU, produtor e MC do colectivo. Hedra é a súa terceira referencia en solitario, un EP composto de 6 tracks nos que se destila a esencia e o eclecticismo dos discos de produtor de hip hop de finais dos 90, cargado dunha marcada atmosfera intimista que simboliza a adaptación ao medio, a capacidade de mimetismo en harmonía coa contorna, o espazo e o tempo.
En Hedra a música instrumental cobra protagonismo, á vez que se fusiona en perfecta simbiose coas colaboracións vocais. Neste traballo podemos atopar as importantes achegas de High Paw (“Fume”), Saibran Yi Yi de Boyanka Kostova (“O sonho”), ou Sokram (“Saudando a saudade”) e Jamas de Dios Ke Te Crew (“A calma”). O EP abre, ademais, coa delicada colaboración do saxofonista Miguel González (Susana Seivane, Qando Vand…) e a do mítico Dj Murdock nos pratos.
No apartado visual, Hedra conta coas fotos de Pixi Cas e co referente internacional do GIF art A. L. Crego, encargado de animar a portada do traballo e convertela no hipnótico pano de fondo desta cinematográfica viaxe sonora.
2022 I EP I DKTC SONS
“En que ano estamos?!” é o novo EP que veñen a presentar despois do parón obrigado dos últimos dous anos de pandemias e novas anormalidades e co que volveron aos escenarios en 2022.
Un traballo composto por 5 novos tracks cheos de dinamismo lírico e musical, dos que xa nos anticiparon por onde ían ir os tiros con “OG”, o primeiro adianto do álbum e un auténtico crossover feat. Boyanka Kostova que xa acadou a categoría de himno galego 2.0.
Este EP supón un paso máis alá na rica e extensa carreira musical da banda, co que Mou, Sokram, Jamas e Dj Murdock, sacan unha vez máis o mellor de si mesmos e onde os podemos ver máis cómodos e en forma ca nunca achegándose a distintos xéneros pero sempre baixo a batuta do seu inconfundible hip hop. As diferentes texturas vocais e versátiles estilos dos tres Mc´s desbórdanse sobre unhas eclécticas instrumentais nunha perfecta combinación de enxeño, humor, poética e habilidades narrativas. Destaca tamén o track “A_Molar”, feat. High Paw, outra das interesantes colaboracións do EP, no que a talentosa singjay de Vigo aporta unha nova sonoridade vocal á banda e coa que acadan un resultado irrefreable, moi pegadizo á vez que agre e doce ao mesmo tempo.
“En que ano estamos?!” semella a pregunta máis axeitada nestes tempos de incredulidade e incerteza absoluta, no que cada novo día semella un avance e un retroceso nunha mesma liña temporal que nos desorienta, mergullándonos nunha vertixinosa e volátil realidade. Cada canción deste novo traballo é capaz de arrincarnos sorrisos incómodos a través de verdades coma puños sen filtros de beleza. Un exercicio de reflexión, sinceridade e espontaneidade que só os Dios Ke Te Crew conseguen facer dese xeito, meténdote no seu particular universo apegado á actualidade, cargado de aceda retranca, palpable ironía e certeira sátira.
TRACKLIST
1. Última Benvida
2. Danza Maldita
3. A_Molar (Feat. High Paw)
4. Haters
5. A Onda
6. OG ( Feat. Boyanka Kostova)
2019 I LP I DKTC SONS
TRACKLIST
1. Silencio
2. A Catapulta
3. Avances
4. Reinicio
5. Cacharela
6. Plvs Ultra
7. Código Vermello
8. A Cachimba (Feat. Hermano L)
9. Código Verdoso :)
10. Uróboros
11. Trance (Feat. Prod. Croma)
12. 7 Pecados (Feat. Alto Asalto)
13. 20 Balas
14. 15.680
15. Montaña de Lixo
16. Melancolía
2017 I VIDEO - SINGLE I DKTC SONS
(Gal)
Despois de gañar o premio ao mellor artista galego de Hip Hop 2016 co seu LP "Chuvia Ácida" e ser elexido un dos dous únicos artistas galegos no circuito GPS 2017 (Girando por Salas). Sokram, volta pra rachar os esquemas do xénero con este novo video-sinxelo titulado `NIght Club´. Un potente latigazo de rap e un suculento cocktail de decibelios con sabores blues, rock e drum&bass, coma de costume con Møu na producción e Santino á guitarra. O video, foi creado polo artista audiovisual A.L.Crego, internacionalemente recoñecido coma un dos máximos expoñentes do Gif Art.
------------------------------------------
(Cast)
Después de ganar el premio al mejor artista gallego de Hip Hop 2016 con su LP "Chuvia Ácida" y de ser elegido uno de los dos únicos artistas para representar a Galicia en el circuito GPS 2017(Girando por Salas). Sokram, vuelve a romper los esquemas del género con este nuevo Video-Single titulado ”Night Club”. Un potente latigazo de rap y un suculento cocktail con sabores Blues, Rock y Drum&Bass, como de costumbre con Møu en la producción y Santino a la guitarra El video, ha sido creado por el artista audiovisual A.L.Crego, internacionalmente conocido como uno de los mayores exponentes del Gif Art.
2015 I LP I Edición en Vinilo + CD + Fanzine I DKTC SONS
TRACKLIST
1. Fluíndo no vacío
2. FotoSíntese
3. Gran traballador
4. Risas pra as choras
5. Vacas
6. A paradoxa de Dióxenes (Feat. Hevi)
7. Amor de papel
8. Mutant Roll (Feat. Mou)
9. Monstros (Feat. Dj Mil)
10. Juego de Truños
11. Real Politik (Feat. Jamas)
12. Falo Galego (Feat. Dj Mil)
13. LobbysHomes (Feat. Alto Asalto)
14. Árbores Caídas
15. Textamento
BANCAMP (Link de descarga)
2013 I MAXI I DKTC SONS
2011 I LP I BOA MUSIC
TRACKLIST
1. Humanose
2. Berra!
3. É de todos
4. Dame ighual
5. Están tolos!
6. Ollo ao parche (remix)
7. Todo da voltas
8. As dúas caras da moeda (Feat. Miguel de Lira)
9. Benvido a Mördor 2.0 (Feat. Machina)
10. 4ª Guerra Mundial
11. Deconstrución
12. O coro dos nenos distintos
13. Rebenta!
2010 I MIXTAPE I DKTC SONS
(Gal)
Segunda referencia discográfica do irmán MØU, productor e Mc do colectivo. Un conxunto de temas que se fixeron de forma individual, algúns con diferentes artistas, outros puramente instrumentais e que foron enlazados neste traballo recopilatorio a modo de mixtape.
----------
(Cast)
Segunda referencia discográfica del hermano MØU, productor y Mc del colectivo. Un conjunto de temas que se hicieron de forma individual, algunos con diferentes artistas, otros puramente instrumentales y que fueron enlazados en este trabajo recopilatorio a modo de mixtape.
2009 I MAXI I DKTC SONS
2007 I LP I DKTC SONS
TRACKLIST
1. InFonk
2. Pensamentos - Remix Hevi
3. Efecto defecto
4. A sombra de Jaco
5. O medo
6. Benvido a Mördor (Feat. Sokram, Dj Murdock)
7. Invisible (Feat. Dj Mvp)
8. Dum Dum Fonk
9. Apagha a Tele (Remix Dios ke te Crew)
10. Give my money
11. I got the FonkOldschool (Feat. Dj Kaze)
2006 I LP I BOA MUSIC
TRACKLIST
1. Xénese
2. Dios Ke Te Crew
3. As cousas cambian
4. Ke traballe o rei!!
5. Antidisturbios
6. Herdeiros da ditadura
7. Sucia verdade
8. Colleita´s Par´Ti
9. Guateque Interruptus Feat. Miguel de LIra
10. Vas de verde
11. Fódete
12. Apagha a Tele
13. Positivas vibracións
14. Política de asfalto
15. Virus
16. Profecía